Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (117/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 117/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Becerra Gómez contra a empresa Centro Estudio Oposiciones, S.C., José García García, María Teresa Gómez González, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Patricia Becerra Gómez, contra Centro Estudio Oposiciones, S.C., José García García, María Teresa Gómez González e Fondo de Garantía Salarial, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 31 de decembro de 2012, e declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que vinculaba a Patricia Becerra Gómez cos codemandados, e debo condenar e condeno os codemandados a que, solidariamente e cos responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, lle aboen á demandante a suma de once mil dez euros con noventa céntimos (11.010,90 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual, e a suma de mil cincocentos corenta e un euros con noventa e tres céntimos (1.541,93 €) en concepto de liquidación de salarios máis o 10 % do xuro de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto desta última cantidade.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Estudio Oposiciones, S.C., José García García, María Teresa Gómez González, en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

A secretaria xudicial