Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39460

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (14/2011).

Juzgado de origen/autos: demanda 593/2008 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Recorrente: José Magán Torres.

Avogado: Víctor Manuel Rodríguez Gallego.

Procurador: Jacobo Tovar-Espada Pérez.

Recurridas: Asefa, S.A., Seguros y Reaseguros, Baygar, S.L., Construcciones Vipomar, S.L., Contratas y Servicios Cuntis, S.L.

Avogados: Domingo Cives Beiro, Víctor Manuel Domínguez Fernández.

Procurador: Rafael Francisco Pérez Lizarriturri.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 14/2011-CON desta sección, seguido por instancia de José Magán Torres contra a empresa Asefa, S.A., Seguros y Reaseguros, Baygar, S.L., Construcciones Vipomar, S.L., Contratas y Servicios Cuntis, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a resolución seguinte:

«Resolvo que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Magán Torres contra a sentenza do 18 de outubro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en xuízo número 593/2008, seguido por instancia do recorrente contra Contratas y Servicios Cuntis, S.L., Vipomar Construcciones, S.L., Compañía de Seguros Asefa e Baygar, S.L., a sala confírmaa integramente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa Construcciones Vipomar, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2013

A secretaria xudicial