Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (400/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 400/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Vázquez Vázquez contra a empresa Franquicias Silvassa, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 336/2013.

A Coruña, 7 de xuño de 2013.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, o estado procesual que presentan estas actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimento baixo o número 400/2013, nas cales é parte demandante Leticia Vázquez Vázquez, asistida pola letrada Sra. Briones Amor, e parte demandada a mercantil Franquicias Silvassa, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de ser citada en legal forma e tempo, en nome do rei, veño a ditar esta sentenza con base na seguinte decisión:

Que debo aceptar e acepto parcialmente a demanda presentada pola traballadora Leticia Vázquez Vázquez, asistida pola letrada Sra. Briones Amor, contra a mercantil Franquicias Silvassa, S.L., e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes:

1º. Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante comunicado a esta pola empresa demandada con data de efectos do 8 de marzo de 2013 e, por iso, debo obrigar e obrigo a empresa demandada a estar e pasar por esa declaración e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre, ben readmitir a traballadora no seu posto de traballo con idénticas condicións ás vixentes ata a data de despedimento, ou ben indemnice a traballadora na cantidade de 451 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente.

2º. Que debo condenar e condeno a empresa demandada, indistintamente de cal sexa a opción pola que opte (readmisión ou indemnización), a aboarlle tamén á traballadora agora demandante a cantidade de 2.919,20 euros en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data desta sentenza, xunto coa cantidade que está por percibir desde a data da presente sentenza ata a data de notificación desta, a razón dunha cota diaria de 32,80 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Unha vez dada conta, lida e publicada que foi a anterior sentenza pola xuíza substituta que a ditou, mentres celebraba audiencia pública no mesmo día da data. Dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Franquicias Silvassa, S.L. en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

A secretaria xudicial