Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (712/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 712/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Carnota Rey contra a empresa Norquimia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que debo aceptar e acepto a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento, condenando a empresa demandada, Norquimia, S.A., ao aboamento ao demandante dunha indemnización por despedimento improcedente de 48.308,4 euros, correspondentes a 45 días de salario por ano de servizo, rateando por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e a 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data. En caso de optar o empresario pola readmisión, a empresa demandada deberá aboarlle ao demandante os salarios de tramitación desde a data en que tivo efectos o despedimento, o 31 de xullo de 2012, ata o día en que se notifique a sentenza a razón de 57,51 euros diarios.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Norquimia, S.A., insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

A secretaria xudicial