Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as cales non poideron ser notificadas por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo I.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal, e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 3 de setembro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Teatro, C.B.

E-27292382

LU-E 144/13

26.e) da LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 145/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Teatro, C.B.

E-27292382

LU-E 147/13

26.e) da LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Ángel Doural Real

33552466-C

LU-E 148/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Tino Grandío, nº 26-1º A, Lugo

Ata 150 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 149/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

A Galerna

78783195

LU-E 151/13

26.e) da LO 1/1992

Avenida Arcadio Pardiñas, nº 131, bloque BJ, Burela

Ata 90 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 152/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 154/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Teatro, C.B.

E-27292382

LU-E 155/13

26.e) da LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 156/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 157/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 158/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Huertas, nº 20-2º, Monforte de Lemos

Ata 300 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 166/13

26.e) da LO 1/1992

r/ do Porto, nº 17-2º C, Foz

Ata 90 €

Samián Carballo Méndez

33545133R

LU-E 167/13

26.e) da LO 1/1992

r/ Campos Novos, nº 114, 4º J, Lugo

Ata 90 €