Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza en despedimento 400/2013.

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 400/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Vázquez Vázquez contra a empresa Franquicias Silvassa, S.L. sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto.

Xuíza substituta (reforzo): María Sánchez Galindo.

A Coruña, 22 de agosto de 2013.

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a aclaración de sentenza solicitada pola parte demandante, Leticia Vázquez Vázquez e, en consecuencia, debo aclarar e aclaro por instancia de parte a sentenza ditada o día 7 de xuño de 2013 no curso das presentes actuacións modificando a parte dispositiva de esta, que pasa a conter desde esta data o teor literal esencial seguinte:

«... Que debo estimar e estimo a demanda presentada pola traballadora Leticia Vázquez Vázquez, asistida pola letrada Sra. Briones Amor, contra a empresa Franquicias Silvassa, S.L. e, en consecuencia, debo efectuar o pronunciamento seguinte:

Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante con data de efectos do 8 de marzo de 2013 e, por iso, debo obrigar e obrigo os demandados a estaren e pasaren pola devandita declaración e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Franquicias Silvassa, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza opte entre ou ben readmitir a traballadora no seu posto de traballo con idénticas condicións ás vixentes ata a data do despedimento e co correspondente aboamento dos denominados salarios de tramitación (que ascenden, por un lado, a 3.503,04 euros os percibidos desde a data do despedimento ata a data da sentenza agora aclarada e, por outro lado, a cantidade que se determine –a razón dunha cota diaria de 39,35 euros– que se percibirá desde a data da sentenza obxecto desta aclaración ata a data de notificación desta) ou ben indemnice a traballadora na cantidade de 541,13 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente …».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, por este o meu auto, do cal se levará certificación aos autos, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña».

E para que conste e sirva de notificación a Franquicias Silvasa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

A secretaria xudicial