Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: modificado LMT, CT, RBT O Con.
Situación: O Grove.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 238 metros de lonxitude, con orixe no apoio HV-630/15 da LMT VLG805 O Grove e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar do Con, O Grove. Dúas redes de baixa tensión, unha aérea e outra subterránea, de 723 e 152 metros de lonxitude respectivamente.
Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 17 de agosto de 2012, no BOP do 16 de agosto de 2012, no xornal Faro de Vigo do 8 de agosto de 2012 e no taboleiro de anuncios do Concello do Grove. Tamén foron notificados individualmente os titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:
Con data 13.8.2012, Dolores Piñeiro García presenta un escrito en que alega que desexa coñecer a forma e condicións en que vai a afectar a súa parcela o proxecto.
A empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. contesta á alegación que a alegante non achega co seu escrito ningún plano en que reflicta a localización da citada parcela e tampouco achega documentación acreditativa da súa titularidade.
Con data 9.8.2012 Manuel Padín Vila presenta un escrito en que alega que se pretende situar o transformador nun predio sito na marxe dereita, o que obrigará a levantar a calzada para cruzala transversalmente, o que encarece o conxunto da obra sen ningunha mellora para ela.
A empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. contesta á alegación que á hora de realizar o modificado do trazado da citada liña escolleu, entre as variantes técnicamente posibles, a menos prexudicial para o conxunto da zona.
Vistas as alegacións e as contestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. resulta o seguinte: Dolores Piñeiro García non acredita a situación e propiedade do mencionado predio, polo que non é posible avaliar a incidencia deste proxecto nela. No referente a Manuel Padín Vila débese indicar que non existen limitacións de carácter técnico sobre prohibicións e limitacións á constitución de servidume de paso establecidas no título VII, sobre autorizacións administrativas, do Real decreto 1955/2000.
En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 9 de setembro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra