Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se fai público o Acordo da Conferencia Sectorial de Comercio Interior do 17 de setembro de 2013, pola que se efectúa a convocatoria para o ano 2013 e se establece o procedemento para a concesión da liña de financiamento con cargo ao Fondo Financeiro do Estado para a Modernización do Comercio Interior.

De conformidade co disposto no Real decreto 1786/2009, do 20 de novembro (BOE do 8 de decembro) polo que se regula a iniciativa de apoio financeiro á modernización e mellora do comercio interior, modificado polo Real decreto 404/2013, do 7 de xuño, anúnciase a publicación no Boletín Oficial del Estado nº 230, do 25 de setembro, do Acordo do 17 de setembro de 2013, da Conferencia Sectorial de Comercio Interior, polo que se efectúa a convocatoria para o ano 2013 e se establece o procedemento para a concesión da liña de financiación con cargo ao Fondo Financeiro do Estado para a Modernización do Comercio Interior.

As solicitudes presentaranse en calquera oficina das entidades de crédito adheridas á liña de mediación ICO-Comercio Interior 2013 do Instituto de Crédito Oficial, dispoñible na súa web (http://www.ico.es). O prazo para a presentación é de vinte días naturais contados desde o día da publicación do acordo no Boletín Oficial del Estado.

O texto completo do acordo pódese consultar no Boletín Oficial del Estado nº 230, do 25 de setembro de 2013, páxinas 77574 a 77583.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio