Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMT, CT Porriña II.
Situación: Barro.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 342 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio existente HV-630/15 da LMTA TIB810 Arcos 10 e final no CT proxectado Porriña II. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado nas Porriñas, Barro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 6 de setembro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra