Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 37/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, Campo do Piñeiro-pista de pádel.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada ao novo CT Campo do Roxo, a 20 kV, cunha lonxitude de 163 m, coa orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio proxectado nº 50-5 para intercalar na LMT. SME-802, no tramo da derivada aos CT Fins (expediente 31.295) e Tresmontes (expediente 31.295), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240) Al, e final en paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio nº 50-6, existente para substituír por un novo apoio na LMT. SME-802, no tramo da derivada aos CT Fins (expediente 31.295) e Tresmontes (expediente 31.295), despois de realizar entrada e saída no novo CT Campo do Roxo proxectado.

– Novo centro de transformación non prefabricado Campo do Roxo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña