Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37125

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 966/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 966/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Bravo Trillo contra a empresa Lucusdat, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Bravo Trillo, contra Lucusdat, S.L., e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Lucusdat, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.918,19 € brutos, polos salarios percibidos no mes de xullo de 2012, e a compensación económica polo non desfrute de vacacións no mesmo ano, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e fixados a razón de 2.765,33 € brutos respecto ao Fondo de Garantía Salarial, en caso de concorrer a súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co nº 47570000 código 36 e nº expediente, acreditando mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, ben como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola citada cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo. Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación á empresa Lucusdat, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial