Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37123

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1091/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1091/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 628/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, César Adrio Otero.

Avogada: letrada da Seguridade Social, María Eugenia Mallo Abalde

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fundiciones César Adrio, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: letrado da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento do recurso de suplicación 1091/2011 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, César Adrio Otero, contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Fundiciones César Adrio, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimar os recursos de suplicación interpostos polas representacións letradas de César Adrio Otero e do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 25 de outubro de 2010, en autos nº 628/2010, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo do concepto «Recurso», seguido do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Fundiciones César Adrio, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial