Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37121

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto técnico, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de arquitecto técnico, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocado pola Resolución do 2 de decembro de 2011 (DOG do 16 de decembro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as persoas interesadas poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 9 de setembro de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto técnico, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral, convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2011 (DOG do 16 de decembro).

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

32607633G

Pita da Veiga Vázquez, Gabriel

Libre

84,374