Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37127

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (19/2013).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 19/2013, por instancia de María Puig Otero contra a executada Manuel Martínez Ferreño, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 16 de xullo de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 44.642,19 euros de principal, máis 4.466,62 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2013

A secretaria xudicial