Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 agosto de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece a escola Servinauta Sanxenxo, S.L. como escola de navegación de lecer (ENAL).

Antecedentes:

A escola Servinauta Sanxenxo, S.L. solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (ENAL).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

2. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

3. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer a escola Servinauta Sanxenxo, S.L. como escola de navegación de lecer (ENAL) que, segundo o artigo 7 da citada orde, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer desta Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro de:

Servinauta Sanxenxo, S.L., con sede das instalacións no porto deportivo Juan Carlos I, local 9, Sanxenxo, 36960 Pontevedra, e inscrita co núm. de rexistro XGEN046.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución, e deberase solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola inscrita está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, así como a substitución do instrutor ou o cambio da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e ser anulada a súa inscrición no rexistro, por non renovaren o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres anos. A resolución será publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro