Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 30 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoacións e trámites de audiencia de expedientes sancionadores (PESAN1 2013/000121-2 e PESAN 2013/000143/2).

Segundo o previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as incoacións e trámites de audiencia dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, desde o día seguinte a aquel en que se publique este edicto, para examinar o expediente e interpoñer, no prazo que se estableza, as alegacións pertinentes.

Os expedientes que se relacionan a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Lugo, a través da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, situada na avenida Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000121-2.

Denunciado: Lorenzo Ramón Rocha Ramalleira.

DNI: 77592251A.

Enderezo: Os Campos-San Miguel de Reinante-Barreiros.

Nº de expediente: PESAN1 2013/000143-2.

Denunciado: Alberto Mourelle Lombardero.

DNI: 33993596X.

Enderezo: Vía Transversal, 40-42, Ribadeo.

Lugo, 30 de agosto de 2013

Miguel Ángel Otero Soto
Instrutor