Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 132 kV DC conexión subestación Ludrio coa LAT Meira-Ceao no concello de Castro de Rei (expediente 002/2011 AT).

O día 19 de xullo de 2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LAT 132 kV DC conexión subestación Ludrio coa LAT Meira-Ceao (DOG do 7 de agosto) que afecta o concello de Castro de Rei, sendo a entidade beneficiaria E.ON Distribución, S.L. con enderezo na rúa Medio, 12, Santander.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar o día 8 de outubro de 2013 a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución, e que se publica tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Castro de Rei, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 22.9.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia do 25.9.2012, para que comparezan no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará a día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Castro de Rei estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese efectuar, e así entender as dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 2 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parcela nº

Ref. catastral

Lugar

Concello

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Apoio

 

Voo

Pol. nº

Parc. nº

Nome e apelidos

Enderezo

Superficie ocupada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

9

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

Antonio López Abelaira

Somedo, 8, Ludrio, 27271 Castro de Rei (Lugo)

MA

-

-

12

338

12

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

Ángel Ceide Legaspi

Aldea de Baixo, 9, Ludrio, 27271 Castro de Rei (Lugo)

MA

-

-

16

466

15

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

José Barreira Lodeiro

A Prazuela, 1, Ludrio, 27271 Castro de Rei (Lugo)

MA

3(6/7)

27

14

415

16

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

José Barreira Lodeiro

A Prazuela, 1, Ludrio, 27271 Castro de Rei (Lugo)

MB

3(1/7)

4

13

383

17

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

José Barreira Lodeiro

A Prazuela, 1, Ludrio, 27271 Castro de Rei (Lugo)

MA

-

-

12

364

20

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

Manuel Majide Varela

Ludrio, 27271 Castro de Rei (Lugo)

MA

-

-

13

393

26

14

151

Carballosa

Castro de Rei

José Santiso Otero

Rúa Tornos, 18-4º esqda., 15007 A Coruña

PR

-

-

-

350

34

14

156

Tras da Agra

Castro de Rei

José Santiso Otero

Rúa Tornos, 18-4º esqda., 15007 A Coruña

MB

-

-

-

68