Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (547/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 547/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen González Cancela contra a empresa Mantenimientos Hércules, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 435/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 547/2013.

Demandante: María del Carmen González Cancela.

Letrada: Sra. Martínez Ramonde.

Demandada: Mantenimientos Hércules, S.L.

Sentenza nº 435/2013

A Coruña, 29 de xullo de 2013.

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María del Carmen González Cancela fronte á empresa Mantenimientos Hércules, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa demandada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2. A indemnización que deben aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 19.857,60 euros.

3. O Fogasa interveu no presente procedemento polo que haberá de pasar por esta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Mantenimientos Hércules, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial