Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (72/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 72/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra as empresas Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., sobre despedimento, ditouse decreto o 31 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva e dilixencia de ordenación do 19 de agosto de 2013 son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo continuar a presente execución por obtérense bens das executadas, e continuar esta ata a completa satisfacción da parte executante.

Expídase e entréguese mandamento de devolución á parte executante por importe de 15.401,66 euros, correspondentes 4.793,66 euros a indemnización e 10.608,00 euros a salarios de tramitación, e practíquese a correspondente liquidación de xuros.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

E a dilixencia de ordenación:

«Visto o estado das actuacións e ante a imposibilidade de notificar ás empresas executadas nos enderezos que constan na presente execución, acórdase notificar por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, que se encontra á súa disposición a liquidación de xuros na oficina deste órgano xudicial, a cal ascende á cantidade de 536,13 euros.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

A secretaria xudicial