Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/203).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20, baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMT derivación a Espasandín e CT.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

O centro de transformación de Espasandín obxecto do proxecto situarase no apoio de formigón tipo pórtico existente de 2XHV 1500 R12 AF-160 (código 4SC00045) que fará de fin de liña, e instalaranse un conxunto de seccionadores XS, un conxunto de pararraios autoválvulas de 10 KA-24kV en bornes do trafo, un transformador de 160 kVA, de refrixeración natural en baño de aceite con tensión primaria de 20.000 V e tensión secundaria de 230/400V. Instalaranse tamén un interruptor automático con relé de imaxe térmica (ISODIS), así como un cadro de baixa tensión con protección por fusibles e tres saídas.

A liña de media tensión partirá dun apoio C3000/16 de nova execución da liña de media tensión existente Santa Cataliña-Vilar de Céltigos (expediente 27.949); o condutor empregado é de tipo LA-56 de tensión 20 kV e a súa lonxitude é de 628 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña