Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (999/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 999/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Moreira Suárez contra a empresa Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que estimando a demanda presentada por Fernando Moreira Suárez, asistido polo letrado do sindicato CIG Sr. Castro Martínez, fronte á entidade Grupo Construnor Estructuras, S.L. e Construnor Estructuras, S.L., que non comparecen malia estaren citadas en legal forma, debo condenar e condeno as demandadas a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.967,71 euros, mais o 10 % de xuros por mora. Desta cantidade responderán solidariamente ambas as demandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días contado a partir do seguinte ao da notificación da sentenza, e con expresa advertencia de que, de seren recorrentes, as demandadas deberán exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recurso deste xulgado do social a cantidade de cento cincuenta euros con vinte e cinco céntimos (150,25 euros) preceptiva para recorrer. Sen estes requisitos non se considerará interposto o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Grupo Construnor Estructuras, S.L. e Construnor Estructuras, S.L., insírese este edicto no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial