Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35322

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO de aclaración de sentenza (307/2012).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado Mixto número 3 dos de Ribeira, dou fe e certifico que nos autos de proceso ordinario seguido ante este xulgado e secretaría ao meu cargo recaeu decreto de aclaración cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva.

Acordo rectificar o edicto ditado con data do 3 de xullo, nos seguintes termos:

Onde di: «… co fin de que sirva de notificación en forma a Salvador Liñayo López, expido e asino este edicto. Ribeira, 27 de maio de 2013», debe dicir: «… e para que sirva de notificación en forma a Tquest Promotora, S.L., expido e asino este edicto. Ribeira, 3 de xullo de 2013».

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución que aquí se aclara/adiciona.

Así o acordo e asino, dou fe.

A secretaria xudicial.

E, para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á entidade mercantil Tquest Promotora, S.L., expido e asino esta aclaración de edicto.

Ribeira, 31 de xullo de 2013