Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2013, a través da Resolución do 10 de xuño de 2013 (DOG núm. 117, do 20 de xuño), axudas e subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, cofinanciadas polo FSE, que se desenvolverán a través dos seguintes tipos de programas:

a) Mantemento de centros de atención especializada a mulleres (centros de acollida, centros de día) nos cales se ofrece asistencia básica (aloxamento, manutención) e programas de apoio ás mulleres en situación de exclusión especial.

b) Recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos e/ou fillas menores de tres anos que conteñan actuacións dos tipos que se indican e semellantes:

– De información sobre recursos existentes para elas e os seus fillos e fillas.

– De acompañamento social con medidas de apoio psicolóxico para superación de cargas emocionais provocadas pola situación de embarazo ou maternidade.

– De orientación, asesoramento e busca de emprego.

– De adquisición de competencias persoais e sociais adaptadas para a inserción laboral e para afrontar a nova situación persoal.

– De medidas de apoio urxente.

c) Recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social (reclusas, ex-reclusas, drogodependentes).

d) Recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección (anciás soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes, pertencentes a minorías étnicas).

e) Recursos integrais de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero.

f) Aqueloutros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito da convocatoria.

A partida orzamentaria con cargo á que se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do FSE no programa operativo FSE-Galicia 2007-2013, no eixe 2, tema prioritario 71.

O artigo 5 das bases reguladoras polas cales se rexen estas axudas e subvencións (Resolución do 10 de maio de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, DOG núm. 96, do 19 de maio) indica que as solicitudes se presentarán nun único exemplar na forma e prazos indicados na convocatoria. Establece a documentación que integra as solicitudes e indica tamén, no punto 4, a obriga do emprego dos formularios no seu formato orixinal e demais especificacións a que deben aterse para a adecuada presentación das solicitudes. Pola súa banda, o artigo 4.3 da convocatoria establece que as entidades presentarán unha solicitude axustada ao modelo normalizado (anexo II) xunto cos documentos que se especifican no mesmo artigo.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, órgano encargado da instrución deste procedemento, revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución e identificou as que se presentaron en prazo, as que non conteñen erros e que dispoñen da documentación preceptiva, así como aqueloutras que non reúnen a documentación necesaria, por non a ter presentado, por conter erros, por non empregar os modelos normalizados ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 7 das bases reguladoras establece, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non reúne algún dos requisitos establecidos nas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, o órgano instrutor requirirá as persoas interesadas para que nun prazo de dez (10) días hábiles emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada ou ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, e tamén se publicitarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido tanto nas bases reguladoras como na correspondente convocatoria. Esta relación achégase como anexo desta resolución, con especificación dos documentos preceptivos requiridos a cada solicitude.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes relacionadas no anexo de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, preferentemente a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou ben por calquera dos medios dispostos no artigo 8 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación
do procedemento SI427A

Núm. expte.

Solicitante

DNI/CIF

Documentación que se requirirá

1

2013/000001-0

Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo

G27105220

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

2

2013/000002-0

Asociación E-Deidades para la Integración Laboral

G27431873

Anexo VI debidamente cuberto e temporalizado.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

3

2013/000004-0

Asociación Integro

G15173263

Anexo IV.

4

2013/000005-0

Asociación ALAR Galicia

G15775901

Anexo VI debidamente cuberto e temporalizado (para os 2 programas).
Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación (2 programas).

5

2013/000008-0

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

G36802536

Anexo III, anexo VI e anexo VII.

6

2013/000010-0

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI.

7

2013/000011-0

Asociación de Mulleres ANEL

G32207516

Anexo III debidamente asinado.

8

2013/000012-0

Federación Galega de Redeiras O Peirao

G15969868

Anexo II, III, V, VI e VII debidamente cubertos.

9

2013/000013-0

Federación de Mulleres Rurais Femuro

G32237869

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI.

10

2013/000014-0

Fundación Universidade da Coruña

G15597289

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI.

11

2013/000015-0

Asociación de Axuda ao Toxicómanos Érguete

G36642726

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI.

12

2013/000019-0

Down Pontevedra «Xuntos»

G36164887

Anexo V debidamente cuberto.

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI.

13

2013/000020-0

Aliad Ultreia

G27021120

Anexos III e VII.

Memoria explicativa do funcionamento do programa integral para o cal se solicita a axuda nos termos establecidos no artigo 4.3.f) da convocatoria (1 memoria por cada programa).

14

2013/000022-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Anexo VI para cada programa en modelo normalizado.

15

2013/000023-0

Fillas do Divino Celo Rogacionistas

R0800037D

Anexo VI e anexo VIII (os datos dos dous anexos teñen que ser coincidentes, e ao solicitar axuda por incentivo non se pode facer imputación parcial).

16

2013/000027-0

A.M. e Familias Ámbito Rural Galego-AMFAR

G15592801

Anexos III, VI e VII.

Memoria explicativa do funcionamento do programa integral para o cal se solicita a axuda nos termos establecidos no artigo 4.3.f) da convocatoria (a enviada non cumpre os requisitos).

17

2013/000028-0

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

Anexos III e VI debidamente asinados e acreditación de representatividade suficiente da persoa titular do certificado electrónico con que foi asinada a solicitude.

18

2013/000029-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia

G15383011

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

19

2013/000030-0

Down Ourense

G32311870

Documentación acreditativa de representatividade suficiente para asinar a solicitude (art. 5.2.e) das bases reguladoras).

Memoria económica complementaria. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

20

2013/000031-0

Asociación de Alumnos e Ex-alumnos C. San Pablo

J32197584

Anexo III debidamente cuberto.

Memoria explicativa do funcionamento do programa integral para o cal se solicita a axuda nos termos establecidos no artigo 4.3.f) da convocatoria (a enviada non cumpre os requisitos establecidos).

21

2013/000033-0

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

Anexo II debidamente cuberto.

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI e temporalizado correctamente.

22

2013/000035-0

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais Galegas-Fademur

G70101647

Anexo VI debidamente temporalizado dentro do período establecido na convocatoria.
Memoria complementaria desagregando os gastos de persoal por cada contrato indicando as retribucións salariais e as cotizacións sociais.

23

2013/000037-0

Médicos do Mundo Galicia

G79408852

Anexo VI debidamente temporalizado para o período establecido na convocatoria.
Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria.Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

24

2013/000038-0

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Anexo VI debidamente cuberto e temporalizado (para os 2 programas).
Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación (2 programas).

25

2013/000039-0

Asociación Síndrome de Down Coruña

G15731466

Anexo VI debidamente temporalizado.

Memoria económica complementaria con desagregación dos gastos de persoal por cada contrato, indicando as retribucións salariais e as cotizacións sociais.

26

2013/000040-0

Fundación Ronsel

G15752660

Anexo VI debidamente temporalizado.

Memoria económica complementaria con desagregación dos gastos de persoal por cada contrato, indicando as retribucións salariais e as cotizacións sociais.

27

2013/000041-0

Asociación Síndrome de Down

Ferrol-Teima

G15458060

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria.Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

28

2013/000042-0

COGAMI

G32115941

Anexos II, IV e V debidamente asinados por persoa con representatividade suficiente.

29

2013/000043-0

Asociación de Mulleres con Discapacidade Galicia-ACADAR

G70223417

Acreditación de representatividade suficiente da persoa asinante da solicitude, ou todos os anexos debidamente asinados.

30

2013/000045-0

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria.Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

31

2013/000047-0

Asociación Xarela Formación- Animación

G32261307

Contradición entre o anexo VI -orzamento- e a memoria económica. Deberase establecer o criterio de imputación de gastos, tal e como se recolle no propio anexo ou, no caso de imputarse a totalidade do gasto, modificar o anexo VI e temporalizalo correctamente.

32

2013/000048-0

Asociación Amicos

G15747678

Anexo VI debidamente temporalizado.

Anexo VII.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

33

2013/000050-0

Asociación Rede Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos

G36928646

Anexo III.

Anexo VI debidamente temporalizado dentro do período establecido na convocatoria.

34

2013/000051-0

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

Memoria explicativa do funcionamento do programa integral para o cal se solicita a axuda nos termos establecidos no artigo 4.3.f) da convocatoria.

35

2013/000052-0

Fundación Down Compostela

G70040258

Anexo VI debidamente cuberto e temporalizado (non imputa a totalidade do gasto tal e como se establece na memoria).

36

2013/000056-0

Betania de Jesús Nazareno

R1500247J

Anexo VII (1 por cada programa).

Declaración responsable do número de atencións, por días de estadía no centro segundo cada número de rexistro, durante os doce meses anteriores ao da publicación da convocatoria (xuño-2012/maio-2013) segundo o establecido no artigo 4.1.1 das bases reguladoras.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

37

2013/000057-0

Asociación Española contra el Cáncer-Ourense

G28197564

Anexo VI debidamente temporalizado.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

38

2013/000058-0

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Anexo VI.

Anexo VII.

Memoria explicativa do funcionamento do programa integral para o que se solicita a axuda nos termos establecidos no artigo 4.3.f) da convocatoria.

39

2013/000062-0

Ecos do Sur

G15354483

Anexo III debidamente cuberto.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria.Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

40

2013/000069-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

41

2013/000070-0

Asociación Desarrollo Socioc. Form. Empleo- ASFEM

G27255108

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria.Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

42

2013/000072-0

Federación de Empresarias de Galicia-FEGA

V1522604

Certificación de entidades de segundo nivel nos termos establecidos no artigo 4.3.e) da convocatoria.

Anexo VII.

43

2013/000073-0

Asociación Redmadre Lugo

G27442540

Anexo VI debidamente temporalizado dentro do prazo establecido nas bases reguladoras.
Anexo VII.

Memoria económica complementaria con descrición e desagregación ao máximo detalle por tipo de gasto do orzamento para cada unha das accións do programa. No caso de imputación parcial de gastos, a súa admisión queda condicionada ao criterio para o cálculo da porcentaxe ou contía imputada que xustificada e razoadamente a entidade estableza na memoria.Os gastos de persoal deberanse desagregar por cada contrato indicando retribucións salariais e cotizacións sociais. Os gastos xerais e de desprazamentos teñen que orzarse xunto coa xustificación motivada e razoada do criterio de imputación e cálculo elixido para a súa cuantificación.

44

2013/000075-0

Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais-Alume

G27198977