Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34753

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (2/2011).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas que se segue ante este xulgado co número 2/2011 se ditou a sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que, absolvendo a Manuel Leira Soria dunha das dúas faltas de furto de que se acusaba, debo condenar e condeno a María del Rosario García Álvarez, como autora de dúas faltas de furto do artigo 623.1 do CP, á pena de corenta e cinco días de multa cunha cota diaria de seis euros por cada unha delas (270 euros+270 euros), cunha responsabilidade persoal subsidiaria por cada unha das faltas dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse mediante localización permanente, e debo condenar e condeno a Manuel Leira Soria, como cómplice dunha falta de furto do artigo 623.1 do CP, á pena de trinta días de multa cunha cota diaria de seis euros (180 euros), cunha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprir mediante localización permanente.

En concepto de responsabilidade civil procede a restitución dos efectos subtraídos aos seus lexítimos titulares.

Impóñenselles as custas procesuais a María del Rosario García Álvarez e a Manuel Leira Soria por unha das faltas. Por outra das faltas impóñenselle a María del Rosario García Álvarez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela poderá interporse ante este xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, na forma prevista nos artigos 790 a 792 da LACr.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles conste e sirva de notificación de sentenza a Manuel Leira Soria e a María del Rosario García Álvarez, actualmente con paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Ordes, 9 de agosto de 2013

A secretaria xudicial