Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34754

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (645/2012).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas que se segue ante este xulgado co número 645/2012 se ditou sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Jesús Rodríguez Leis, como autor dunha falta de estafa, á pena de multa de 45 días, cunha cota diaria de 5 euros e responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas e á obriga de indemnizar a estación de servizo denominada Ameixeira Sur na cantidade de 50 euros, con condena ao pagamento das custas, se as houber.

Notifíqueselles ás partes e ao Ministerio Fiscal esta sentenza, contra a cal cabe recurso de apelación que se presentará ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes. Dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentenza a Jesús Rodríguez Leis, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Ordes, 9 de agosto de 2013

A secretaria xudicial