Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34752

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (161/2013).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas que se segue ante este Xulgado co número 161/2013 se ditou sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que debo condenar e condeno a Juan Antonio Rostro Campos, (...) e Diego Pereira Peinado, como coautores dunha falta de furto, á pena de multa dun mes cunha cota diaria de 4 euros e a responsabilidade persoal subsidiaria, en caso de non pagamento dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas insatisfeitas, con custas, se as houber.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza, contra a cal cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación.

Notifíqueselle ao Concello de Trazo a entrega definitiva da formigoneira obxecto da infracción penal.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes. Dou fe».

E para que lles conste e sirva de notificación de sentenza a Juan Antonio Rostro Campos e a Diego Pereira Peinado, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Ordes, 9 de agosto de 2013

A secretaria xudicial