Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34750

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1320/2011).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Vigo, certifico que no presente procedemento de divorcio 1320/2011 seguido por instancia de Lourdes Borlán Moral contra Ángel Luis Bajo Veleda, se ditou a seguinte sentenza do teor literal seguinte:

En Vigo o vinte e nove de novembro de dous mil doce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1320/2011, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Lourdes Borlán Moral, representada polo procurador dos tribunais Javier Soaje Renard e con asistencia letrada de Delmiro Suárez Sánchez, contra Ángel Luis Bajo Veleda, declarado en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Javier Soage Renard, en nome e representación de Lourdes Borlán Moral contra Ángel Luis Bajo Veleda, declarado en situación de rebeldía, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio de ambos os cónxuxes.

Firme que sexa esta sentenza comuníquese ao Rexistro Civil de León, tomo 73, páxina 48 da Sección 2ª, onde consta inscrito o matrimonio, co obxecto de practicar a correspondente anotación.

Non se fai especial imposición das custas do presente procedemento.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E para que conste e lle sirva de notificación a Ángel Luis Bajo Veleda, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto.

Vigo, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial