Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34747

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2013 pola que se nomean funcionarias/os en prácticas da escala técnica superior de administración da USC, ás persoas aspirantes propostas polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución do 8 de novembro de 2011 (DOG do 22 de novembro).

Unha vez rematadas as fases de oposición e concurso, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala técnica superior de administración da USC, polas quendas de promoción interna e de acceso libre e, tras comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 87 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

resolvo:

Primeiro. Nomear funcionarias/os en prácticas da escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, as persoas aspirantes propostas que se relacionan no anexo desta resolución, con efectos do día 10 de setembro de 2013, data na que comenzará o curso selectivo.

Segundo. As prácticas consistirán na realización do curso selectivo obrigatorio, previsto no anexo I da Resolución do 8 de novembro de 2011 pola que se convocaban as probas selectivas.

Terceiro. As retribucións dos funcionarios/as en prácticas serán as establecidas no artigo 16.2 do Decreto 95/1991.

Quen xa estea prestando servizos remunerados na Universidade de Santiago de Compostela como funcionarias/os de carreira, interinos/as, ou como persoal laboral, deberá formular a opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionaria/o en prácticas, de conformidade co previsto no xa citado decreto.

Os efectos económicos e administrativos serán os da data de inicio do curso selectivo.

Cuarto. Por resolución da Xerencia convocarase o curso selectivo e ditaranse as instrucións oportunas para o seu desenvolvemento. A súa publicación realizarase no mes de setembro na páxina web http://www1.usc.es/asp/benvidag.asp

O tribunal, á vista da proposta motivada que lle formule o/a coordinador/a do curso, declarará apto ou non apto os distintos aspirantes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Relación definitiva de aspirantes seleccionados nas fases
de concurso-oposición, por orde de puntuación

Quenda de promoción interna:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33312133-Z

Cruz Torres, José Luis

2

33267242-L

Soengas Seoane, María del Carmen

3

32660933-J

Mosquera Barcia, Elsa María

Quenda de acceso libre:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

53182118-T

Fernández Méndez, Denís

2

33346509-M

Martínez García, María Pilar

3

44445470-V

Fernández Pérez, Iván

4

44081853-F

Casal Reyes, Maruxa