Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 2 de setembro de 2013 Páx. 34733

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de agosto de 2013 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.

O Estatuto de autonomía para Galicia establece que os poderes públicos de Galicia deberán garantir o uso normal e oficial do idioma galego e potenciar o seu emprego. Neste sentido, o artigo 1 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dispón que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia.

Pola súa parte, o artigo 59 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as escolas oficiais de idiomas teñen por obxecto capacitar o alumnado para o emprego axeitado dos idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, cunha organización en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta mesma lei, no punto 4 do artigo 60, disponse que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas e para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.

Por iso, no uso das funcións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2013, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.

Artigo 2. Beneficiarios dos cursos

a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.

Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar; e aquela que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos na letra a) do artigo 3 desta orde. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.

b) Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Artigo 3. Solicitudes e prazos

a) Para os cursos de linguaxe administrativa galega, as solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O alumnado que aspire a participar nos cursos de linguaxe administrativa galega engadiralle ao modelo de solicitude o xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar.

Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

Non obstante o disposto nos parágrafos anteriores, só nos casos de validacións dos niveis correspondentes, deberán presentarse as correspondentes copias cotexadas xunto coa solicitude.

En todo caso, se nos arquivos da Administración non constase algún dos anteditos certificados, seralle solicitado á persoa interesada para que o achegue antes de comezar o curso.

Só se poderá facer unha solicitude dun único curso nunha soa escola oficial de idiomas. De existir máis dunha solicitude do/a mesmo/a aspirante, anularanse todas as súas peticións.

b) Para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga, as solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

O prazo para a presentación das solicitudes será a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.

Artigo 4. Asignación das prazas

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

No caso de que un curso non acade o número mínimo de solicitantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar expresamente a súa realización. No caso de non realizarse o curso, a escola oficial de idiomas comunicarállelo ás persoas solicitantes.

Se un curso ten un número de solicitantes, que cumpran os requisitos, maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo. Finalizado o prazo de solicitude, cada escola fará un sorteo en acto público no que se extraerá unha letra de prioridade para o primeiro apelido.

As escolas oficiais de idiomas ordenarán alfabeticamente as listaxes de aspirantes que cumpran os requisitos para cada curso polo primeiro apelido, o segundo apelido, o primeiro nome e, de ser o caso, o segundo nome. As prazas para cada curso que se realice nesa escola adxudicaranse seguindo a orde da listaxe de aspirantes, e comezando pola primeira persoa cuxo primeiro apelido coincida coa letra obtida no sorteo. De non haber aspirantes co primeiro apelido da letra obtida no sorteo, pasarase á letra inmediatamente seguinte por orde alfabética.

As listas de seleccionados/as para participar tanto nos cursos de linguaxe administrativa galega como nos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, así como as datas de comezo destes, faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web.

Artigo 5. Características dos cursos de linguaxe administrativa galega: contidos, profesorado e avaliación

1. Os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega axustaranse aos contidos sinalados nos anexos I e II, respectivamente, da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

2. Cada curso terá unha duración de 75 horas, distribuídas da seguinte maneira: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza do alumnado nas aulas, e 15 horas de tratamento individualizado conducentes a que cada alumno/a elabore e presente un traballo, de carácter obrigatorio, programado polo/a profesor/a.

3. Con carácter xeral, corresponderalle ao profesorado dos departamentos didácticos de galego con destino definitivo nas escolas oficiais de idiomas programar e impartir os contidos sinalados na Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño), de acordo coas necesidades e o desenvolvemento do curso, así como avaliar o alumnado e levar os correspondentes rexistros de asistencia. Igualmente, unha vez rematados os cursos, o profesorado deberá entregar nos respectivos gabinetes provinciais de normalización lingüística a acta do curso, o informe do curso e a proba final e os traballos corrixidos que se indican no número 4 deste artigo.

4. O sistema de avaliación do alumnado dos cursos de linguaxe administrativa galega basearase no principio da avaliación continua. En calquera caso, é obrigatorio:

– A realización de cinco traballos ou exercicios feitos nas aulas durante os cursos.

– A entrega dun traballo final feito fóra das aulas polos/as alumnos/as. Para os cursos medios a extensión mínima do traballo é de 5 páxinas, e para os superiores de 8 páxinas. Os traballos constarán das seguintes partes: un ou varios documentos orixinais; a corrección ou, se é o caso, tradución mellorada dese(s) documento(s); un comentario razoado dos cambios introducidos.

– Unha proba final.

Rematado cada curso e logo de o/a profesor/a entregar a correspondente acta e o resto da documentación antes referida, o alumnado que adquira a cualificación de apto/a recibirá o correspondente certificado asinado pola persoa responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

5. Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos temas previstos no artigo 10 da citada lei.

6. A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia, xustificada ou non, de cada un/unha dos/as asistentes non poderá ser superior ao 10 % das horas lectivas do curso.

Artigo 6. Características dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga: contidos, profesorado e avaliación

1. Os cursos axustaranse aos contidos sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

2. Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.

3. Corresponderalle ao profesorado dos departamentos didácticos de galego das escolas oficiais de idiomas programar e impartir os contidos sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), de acordo coas necesidades e o desenvolvemento do curso.

4. Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos temas previstos no artigo 10 da citada lei.

5. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa expedición compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Artigo 7. Cursos que se ofertan

1. Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo II desta orde.

2. A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo IV.

3. A oferta de cursos recollida nesta orde poderá ser ampliada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II
Relación de cursos de linguaxe administrativa ofertados

EOI de Ferrol

Real, 29

15402 Ferrol

Teléfono: 981 32 40 25

Fax: 981 37 01 45

Correo electrónico: eoi.ferrol@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Medio

Outubro 2013

Decembro 2013

9.30-11.30

Luns, xoves e venres

Medio

Setembro 2013

Xaneiro 2014

16.30-18.30

Martes e mércores

EOI de Santiago de Compostela

Ulpiano Villanueva, 1-2

15705 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 55 47 10

Fax: 981 55 48 75

Correo electrónico: eoi.santiago@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Medio

Setembro 2013

Xaneiro 2014

11.00-13.00

Martes e venres

Medio

Setembro 2013

Xaneiro 2014

13.00-15.00

Martes e venres

Superior

Setembro 2013

Xaneiro 2014

11.00-13.00

Martes e xoves

Superior

Setembro 2013

Xaneiro 2014

11.00-13.00

Martes e venres

Superior

Setembro 2013

Xaneiro 2014

13.00-15.00

Martes e xoves

Superior

Setembro 2013

Xaneiro 2014

13.00-15.00

Martes e venres

EOI de Lugo

Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1

27002 Lugo

Teléfono: 982 28 48 93

Fax: 982 28 48 94

Correo electrónico: eoi.lugo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Superior

Outubro 2013

Decembro 2013

12.00-15.00

Martes e xoves

EOI de Pontevedra

Celso Emilio Ferreiro, s/n

36005 Pontevedra

Teléfono: 988 83 30 18

Fax: 986 87 39 70

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Medio

Outubro 2013

Xaneiro 2014

16.15-18.30

Luns e mércores

Superior

Outubro 2013

Xaneiro 2014

10.00-12.15

Martes e venres

Superior

Outubro 2013

Xaneiro 2014

12.15-14.30

Martes e xoves

EOI de Vigo

Avenida Emilio Martínez Garrido, 17

36205 Vigo

Teléfono: 986 26 02 10

Fax: 986 26 25 99

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Medio

Setembro 2013

Decembro 2013

10.30-13.00

Martes e xoves

Medio

Setembro 2013

Decembro 2013

17.30-20.00

Mércores e venres

Superior

Setembro 2013

Decembro 2013

9.00-11.30

Mércores e venres

Superior

Setembro 2013

Decembro 2013

17.30-20.00

Martes e xoves

ANEXO IV
Relación de cursos Celga ofertados

EOI da Coruña

Pepín Rivero, 1

15011 A Coruña

Teléfono: 981 27 91 00

Fax: 981 27 91 16

Correo electrónico: eoi.corunha@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 3

Outubro 2013

Xaneiro 2014

11.00-13.15

Martes e venres

EOI de Ferrol

Real, 29

15402 Ferrol

Teléfono: 981 32 40 25

Fax: 981 37 01 45

Correo electrónico: eoi.ferrol@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Outubro 2013

Xaneiro 2014

18.30-20.30

Martes e mércores

Celga 3

Outubro 2013

Decembro 2013

11.30-13.30

Luns, xoves e venres

Celga 4

Outubro 2013

Xaneiro 2014

18.00-20.00

16.00-18.30

Martes

Venres

EOI de Lugo

Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1

27002 Lugo

Teléfono: 982 28 48 93

Fax: 982 28 48 94

Correo electrónico: eoi.lugo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 3

Setembro 2013

Decembro 2013

12.00-14.30

Luns e mércores

EOI de Pontevedra

Celso Emilio Ferreiro, s/n

36005 Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 18

Fax: 988 873970

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Outubro 2013

Decembro 2013

18.30-20.30

20.00-21.30

18.30-21.00

Martes

Mércores

Xoves

Celga 3

Setembro 2013

Decembro 2013

10.00-12.15

Martes e venres

EOI de Vigo

Avenida Emilio Martínez Garrido, 17

36205 Vigo

Teléfono: 986 26 02 10

Fax: 986 26 25 99

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Setembro 2013

Decembro 2013

11.30-14.00

Luns e mércores

Celga 3

Setembro 2013

Decembro 2013

10.30-13.00

Martes e xoves

Celga 3

Setembro 2013

Decembro 2013

17.30-20.00

Mércores e venres

Celga 4

Setembro 2013

Decembro 2013

17.30-20.00

Luns e xoves

missing image file
missing image file
missing image file