Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO sobre a determinación da porcentaxe de reserva para vivendas de promoción pública aplicable ao sector do solo urbanizable B.3 Campolongo.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de xullo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Establecer a porcentaxe do 20 % da edificabilidade residencial, como reserva para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública, no ámbito do sector do solo urbanizable B.3 Campolongo, mantendo a porcentaxe de vivenda protexida reflectida e repartida no Plan parcial definitivamente aprobado polo Acordo do Pleno do 20 de maio de 2005, ao abeiro da disposición transitoria sétima da Lei 8/2012, de vivenda de Galicia; do artigo 47.11.b) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á cal anterior se remite; e da disposición transitoria primeira do texto refundido da Lei do solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2008, e unha vez publicadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para concellos de máis de 5.000 habitantes.

Segundo. Faise expresa remisión á proposta da concellaría delegada de Urbanismo, do 21 de xuño de 2013, para os efectos da motivación do presente acordo.

Terceiro. Procederase, polo tanto, á execución do referido sector SU B.3 Campolongo segundo o Plan parcial aprobado definitivamente por este concello en 20 de maio de 2005.

Cuarto. Daráselles traslado deste acordo aos propietarios afectados incluídos no ámbito do Plan parcial e demais interesados, publicarase no DOG, no BOP e na web http://www.pontevedra.eu para a súa constancia, e comunicarase á Administración autonómica para os efectos oportunos.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Todo isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se considere e sexa conforme dereito.

Pontevedra, 2 de agosto de 2013

P.D.
Beatriz Rodríguez Yáñez
Técnico da Administración xeral do Servizo de Urbanismo,
Medio Ambiente e Patrimonio Histórico