Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre centro de recuperación e descontaminación na Laxe (San Xurxo de Lourenzá).

Francisco Gabriel Rivas Dasilva solicitou desta alcaldía licenza municipal para centro de recuperación e descontaminación que se situará na Laxe, 18 da parroquia de San Xurxo de Lourenzá do termo municipal de Lourenzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comenzará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lourenzá, 8 de xullo de 2013

Emma Álvarez Chao
Alcaldesa