Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de subministración de produtos (expediente 5045-12).

1. Entidade que adxudica: organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº de expediente 5045-12.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de pensos, grans, forraxes (palla, feo e alfalfa), froitos secos e comida enlatada para nutrición dos animais de Vigo-Zoo.

Lugar de subministración: instalacións do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Prazo de execución: dous anos máis unha prórroga dun ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 57.422,86 euros, IVE incluído e por dous anos.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 26 77 83-84. Fax: 986 27 31 87.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, Monte da Madroa, s/n, 36316 Teis, Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións:

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 2 de agosto de 2013

Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo