Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34567

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro

ANUNCIO polo que se convoca unha praza de xerente para este consorcio.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 1 de agosto de 2013 publicáronse integramente as bases de selección que rexerán a convocatoria para prover:

– 1 praza de xerente, persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos no Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Río Louro (Pontevedra).

Polo presente anuncio convócanse probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita e faise saber que o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no xeito previsto nas propias bases.

O Porriño, 1 de agosto de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro