Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Madrid

EDICTO (P.O. 441/2013).

NIG: 28.079.00.4-2013/0018663.

Procedemento: ordinario 441/2013.

Materia: reclamación de cantidade.

Demandante: Óscar García Bonilla.

Demandada: Actividades Técnicas Enerxéticas, S.L. e outras oito.

Decreto.

Madrid, vinte e cinco de xullo de dous mil trece.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Este proceso foi promovido por Óscar García Bonilla e figura como parte demandada Hogar del Gas Galicia, S.L.; Gestión Inmobiliaria Ardi, S.L.; Electrigas, S.A.; Actividades Técnicas Energéticas, S.L.; Hogar del Gas, S.L.; Aire Gas y Mantenimiento, S.L.; Hogar del Gas Madrid, S.L.; Construcción, Instalación y Servicios Integrales de Fluídos, S.A. e Gas y Calefacción, S.L., sobre reclamación de cantidade.

Segundo. O demandante desistiu expresamente da súa demanda mediante escrito presentado.

Razoamentos xurídicos.

Único. A desistencia por parte do demandante ou demandantes con anterioridade aos actos de conciliación ou xuízo no proceso laboral é un acto unilateral da parte demandante que, cando afecta a todos os demandantes, produce a terminación do proceso. Procede dar o/s demandante/s por desistido/s da súa demanda (artigo 20.2 LAC).

Parte dispositiva.

Acórdase dar a parte demandante por desistida, Óscar García Bonilla, da acción exercida neste procedemento e ordenar o arquivamento das presentes actuacións, logo de baixa no libro correspondente.

Modo de impugnación: contra este decreto cabe recurso directo de revisión, no prazo de tres días desde a súa notificación; o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario da Seguridade Social debe ingresar a cantidade de 25 euros, o dito depósito haberá de realizarse mediante o ingreso do seu importe na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, na entidade Banesto, número 2499-0000-60-0441-13.

Así o acordo e asino. Dou fe.

Ana Mª Ruiz Tejero
Secretaria xudicial

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado e procédese á súa notificación aos interesados polos medios e cos requisitos establecidos nos artigos 55 a 60 da LRXS. Dou fe.