Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (64/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución número 64/2012, seguida neste xulgado por instancia de Francisco Javier Mosquera López contra Bello Moure, S.L. e Fernando Bello Moure, se ditou, o día 14 de marzo de 2013, decreto de insolvencia que é firme no día da data no sentido de declarar o executado, Fernando Bello Moure, en situación de insolvencia total, por importe de 41.790,76 euros (10.177,83 € + indemnización + 31.612,93 € salarios de tramitación) en concepto de principal, máis 4.179,08 euros que provisionalmente se orza para xuros, gastos e custas, sen prexuízo de posterior liquidación; insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. O que se fai público conforme o prevido no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

A secretaria xudicial