Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (623/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 623/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra as empresas Neo Energy Solutions, S.L.; Raann Logisti, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión se expresa:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que o demandante foi obxecto con data do 2 de xullo de 2012 e condeno a Ingeniería y Montaje Alen, S.L., a Neo Energy Solutions Europe, S.L. e a Raann Logisti, S.L. a estar e pasar pola anterior declaración e a aboarlle ao demandante de forma solidaria unha indemnización de 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data de firmeza da presente sentenza, que se cuantifica en 10.149,55 euros. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Raann Logisti, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

A secretaria xudicial