Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34013

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO (746/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 746/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenín contra as empresas Autos 33, S.A.; APV Motor, S.A.; Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Dispoño:

Acordar a acumulación destes autos ao procedemento de resolución contractual 51/2013, seguido ante este mesmo xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Autos 33, S.A.; APV Motor, S.A.; Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., esténdese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

A secretaria xudicial