Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (51/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 51/2013 M.

Demandante: José Manuel Vaamonde Villasenín.

Avogado: Manuel López Núñez.

Procurador:

Graduado/a social:

Demandados: Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., Fogasa.

Avogado/a:

Procurador:

Graduado/a social:

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 51/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenín contra a empresa Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenín contra Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 51/2013, se acordou citar a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 24 de setembro de 2013 ás 10.10 horas e 10.15 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Fáiselle saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta e demais resolucións ditadas no presente procedemento, así como no procedemento de despedimento 746/2013 acumulado a este.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao actor, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Sanrent, S.L. e Millarent, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

A secretaria xudicial