De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á cal non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.
Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recursos de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Pontevedra, 2 de agosto de 2013
P.D. (Resolución do 8.7.2011)
Ana Ortiz Álvarez
Secretaria territorial de Pontevedra
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
Nº exp. |
Precepto infrinxido |
Último enderezo |
Resolución |
Manuel Fernando Carneiro da Silva Vaz |
X-6939362D |
PO-85/13 NL |
Artigo 23.e) da Lei 1/1992, |
Avda. de Lugo, 13, 5º D 36004 Pontevedra |
Multa de 301 € |