Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (310/2013).

Número de autos: despedimento obxectivo individual 310/2013.

Demandante: Manuel Ángel Rodríguez Vilar.

Avogado: David Pena Díaz.

Demandados: Unicom, Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., Adys Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. Adys 2003, S.A., Administrador Concursal de Adys, Fogasa, Nova Galicia Banco, S.A.

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 310/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Rodríguez Vilar contra a empresa Unicom, Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., Adys Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A., Adys 2003, S.A., administrador concursal de Adys, Fogasa, Nova Galicia Banco, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 398/2013.

Número de autos: despedimento obxectivo individual 310/2013

Na cidade da Coruña, 8 de xullo de 2013

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Manuel Ángel Rodríguez Vilar, que comparece asistido do letrado David Pena Díaz, e doutra como demandados Unicom, Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., en cuxo nome e representación comparece a letrada Esperanza Ferreiro Abelairas; Adys Asistencia Distribución y Servicios 2003, S.A., Adys 2003, S.A., que non comparece; a administradora concursal de Adys, que comparece Victoriano de Azcárraga Varela; o Fogasa, que non comparece; e Nova Galicia Banco, S.A., en cuxo nome e representación comparece a letrada Isabel Gil Sánchez.

Fallo.

1º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Ángel Rodríguez Vilar fronte ás empresas Unicom Compañía Seguridad Electrónica, S.L., Asistencia y Distribución y Servicios 2003, S.A. e Nova Galicia Banco, S.A. e, en consecuencia, declaro a procedencia do despedimento comunicado por Unicom, e deberá aboar esta empresa á parte demandante 241,56 euros como diferenza entre a indemnización recollida na carta e aboada e a correspondente ao despedimento procedente.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.36.0310.13, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0310.13, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación á empresa Adys Asistencia Distribución y Servicios 2003, S.A. e para a súa inserción no DOG, expido o presente na Coruña.

A Coruña, 1 de agosto de 2013

A secretaria xudicial