Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33873

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (673/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

O Porriño, 3 de outubro de 2012.

Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario número 673/2011, seguidos por instancia de Asemas Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, representada polo procurador Sr. Varela González e asistida do letrado Sr. Álvarez Gándara, contra a mercantil Emamiño, S.L. (declarada en situación de rebeldía procesual), dito a seguinte sentenza sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Ditame:

Que estimando integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Varela González, en nome e representación de Asemas Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija contra a mercantil Emamiño, S.L. (en situación procesual de rebeldía), condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 45.288,47 euros (corenta e cinco mil douscentos oitenta e oito euros con corenta e sete céntimos), cos xuros legais correspondentes desde a demanda, sen prexuízo dos establecidos no artigo 576 da LAC, e ao aboamento das custas causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

A admisión do dito recurso exixirá que no momento de interpoñelo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o que deberá ser acreditado fidedignamente, sen cuxo requisito non se admitirá o recurso.

Así por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Emamiño, S.L. expídese a presente para que sirva de notificación de sentenza e para a súa inserción no DOG.

O Porriño, 23 de abril de 2013

O/a secretario/a xudicial