Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33871

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (1035/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

Xuíza que a dita: Flora Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: nove de maio de dous mil trece.

Demandante: Sergio Mosquera Luaces.

Avogada: Elisa Yolanda Iglesias Iglesias.

Procurador: José Fernández Fernández.

Demandada: Carmen Tizón Rodríguez.

Procedemento: procedemento ordinario 1035/2012-ma.

Ditame que estimando a demanda promovida polo procurador José Fernández González, en nome e presentación de Sergio Mosquera Luaces, fronte a Carmen Tizón Rodríguez, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que vincula a ambos os dous sobre o piso terceiro dereita, letra A, do inmoble sito na rúa Urzáiz, 233, Vigo, e condeno a demandada a que desaloxe a dita vivenda, baixo apercibimento de lanzamento, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 3561-0000, indicando, no campo «concepto» a indicación «recurso», seguida do código «02 Civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e neste caso indicarase no campo observacións a data da resolución contra a que se recorre co formato DD/MM/AAAA.

Así o acorda e asina. Dou fe.

A xuíza maxistrada O/a secretario/a xudicial

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carmen Tizón Rodríguez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 4 de xuño de 2013

O/a secretario/a xudicial