Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33875

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (372/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 29.7.2013 no proceso seguido por instancia de Pablo Viña Rabuñal contra Anxisena Galicia, S.L., en reclamación por cantidade, se rexistrou co número 372/2011 e se acordou notificar a Anxisena Galicia, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Pablo Viña Ruibal fronte a Anxisena Galicia, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 2.081,70 euros.

Contra esta sentenza non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Anxisena Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial