Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33876

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1274/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1274/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Blanco Vázquez contra a empresa Electrobes Coruña, S.L. e Administración concursal de Electrobes Coruña, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, con data do 17 de xullo de 2013, cuxa resolución literalmente di así:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marcos Blanco Vázquez contra Electrobes Coruña, S.L., e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Electrobes Coruña, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 374,04 € brutos, polos salarios devindicados na paga extra de xullo de 2011 e a compensación económica polo non desfrute de vacacións do ano 2011, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marcos Blanco Vázquez contra o Fondo de Garantía Salarial, ao concorrer a excepción de prescrición e, en consecuencia, debo absolvelo das responsabilidades que poidan derivar da falta de pagamento de Electrobes Coruña, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada, Electrobes Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial