Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33666

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do laudo arbitral promovido polas empresas Daorje Medioambiente, S.A e Plantas de Transferencia zona I e II-Geseco e a representación sindical.

Visto o laudo arbitral emitido por Teresa Díaz López, designada árbitro en acta de compromiso arbitral do 1 de xullo de 2013, subscrita polas empresas Daorje Medioambiente, S.A, Plantas de Transferencia zona I e II-Geseco e a representación sindical, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

Laudo arbitral

Teresa Díaz López, designada árbitro en acta de compromiso arbitral do 1 de xullo de 2013, subscrita por parte da representación empresarial por María Cruz Rubio García e Antonio López Fernández en representación da empresa Daorje Medioambiente, S.A e por Óscar Santome Lemos en representación da empresa Plantas de Transferencia zona I e II-Geseco e por parte da representación sindical por Javier Míguez Domínguez e Gonzalo Villar Piñerez, delegados de persoal (UGT) e Rosa María Acuña Salgado en representación da Sec. Org. FES-UGT Galicia, con base no establecido no artigo 24 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), visto o expediente e oídas as alegacións das partes, dita o presente

Laudo

Obxecto da arbitraxe:

O asunto sobre o cal se solicita a arbitraxe vén motivado pola dificultade que supón, debido ás particularidades das plantas de transferencia, a aplicación do contido do artigo 15 (clasificación profesional), do artigo 17 no relativo ao sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 (horarios e quendas de traballo), e respecto ao artigo 35 o gravosa que resultaría a aplicación durante o ano 2013 da prima de produtividade e a prima mínima do 1 %. Considérase que para a aplicación destes artigos sería necesario un incremento do cadro de persoal moi considerable.

Solicitan as partes que o árbitro se axuste no laudo ditado a criterios de equidade.

Antecedentes:

De acordo co artigo 26 do AGA, logo de convocatoria por parte do Consello Galego de Relacións Laborais, o día 1 de xullo de 2013 realízase a primeira reunión e asínase o compromiso arbitral, despois do cal se constitúe a mesa.

A representación das empresas e a representación dos traballadores formularon as propostas que consideraron convenientes.

A parte das empresas pon de manifesto que a aplicación do contido do artigo 15 (clasificación profesional), do artigo 17 no relativo a sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 (horarios e quendas de traballo) e, respecto ao artigo 35 o gravosa que resultaría a aplicación durante o ano 2013 da prima de produtividade e a prima mínima do 1 %, que requiriría un incremento do cadro de persoal moi considerable, inasumible na actual situación.

A representación dos traballadores recoñece as complicacións expostas pola representación das empresas para a aplicación dos artigos do convenio colectivo no termos indicados. No entanto, consideran que, en compensación pola inaplicación dos mencionados artigos, os traballadores deberían manter algunhas melloras que actualmente teñen recoñecidas polo convenio colectivo.

Consideracións e fundamentos xurídicos:

Primeiro. Tendo en conta que se solicita, e así se expresa a conformidade, a emisión dun laudo con criterios de equidade, o árbitro valora e pondera as pretensións de cada parte e tense en conta o II Convenio colectivo para as plantas de transformación de Galicia.

Segundo. A pretensión formulada pola empresa é a inaplicación do artigo 15 (clasificación profesional), do artigo 17 no relativo ao sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 (horarios e quendas de traballo), e respecto ao artigo 35 a inaplicación para o ano 2013 da prima de produtividade e da prima mínima do 1 %.

A representación dos traballadores propón que se manteñan as seguintes melloras, actualmente recoñecidas polo convenio colectivo:

– Complemento por IT en caso de enfermidade común ou accidente, ata alcanzar o 100 %.

– Licenzas: ademais das establecidas no convenio:

• Un día de libre disposición ao ano.

• O día do patrón.

• A noite do 24 e 31 de decembro.

– Aplicación a todos os traballadores da táboa salarial anexa ao laudo, que corresponde a quenda pechada.

– Categorías laborais.

Os ascensos regularanse polo sistema actual.

Por todas as consideracións apuntadas, dita a seguinte

Resolución:

1. Procede a adopción das medidas propostas pola empresas de inaplicación de determinados artigos do convenio colectivo, concretado na inaplicación do artigo 15 (clasificación profesional), do artigo 17 no relativo ao sistema de traballo -descanso 7-5, 7-5, 7-4; do artigo 18 (horarios e quendas de traballo) e, respecto ao artigo 35, a inaplicación para o ano 2013 da prima de produtividade e a prima mínima do 1 %.

2. En compensación, manteranse as seguintes melloras, actualmente recoñecidas polo convenio colectivo:

– Complemento por IT por enfermidade común ou accidente. A empresa estará obrigada a complementar ata alcanzar o 100 % do salario e todos os complementos, calquera que for a causa que lle dea orixe.

– Licenzas: ademais das establecidas no convenio de aplicación, aplicaranse as seguintes:

• Un día de libre disposición ao ano.

• O día do patrón, que se celebra o día 3 de novembro.

• A noite do 24 e 31 de decembro.

– Aplicación a todos os traballadores da táboa salarial anexa ao laudo, que corresponde á quenda pechada.

– Categorías laborais.

Os ascensos regularanse polo sistema actual. Aos traballadores que actualmente non as teñan regularizadas aplicaráselles con efecto inmediato o día 1 de xaneiro de 2014 a categoría que segundo este sistema lles corresponda, salvo a aqueles traballadores que actualmente teñan algunha reclamación en curso pola vía xurídica, xa que a estes lles será de aplicación inmediata no momento que haxa unha sentenza favorable a iso.

A táboa anexa será de aplicación desde o día 1 de xaneiro de 2013 e os atrasos xerados desde o 1 de xaneiro de 2013 serán aboados cando a publicación do laudo; non procederá a reclamación dos do ano 2012.

O presente laudo poderá ser impugnado ante a xurisdición social de acordo co número 3 do artigo 27 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo.

Dado na Coruña o 4 de xullo de 2013

O árbitro. Teresa Díaz López.

Táboa salarial 2013 para as empresas adxudicatarias das plantas de transferencia de Galicia (UTE Operaciones de Mantenimiento y Limpieza Zona I, UTE Operaciones de Mantenimiento y Limpieza Zona II y Daorge Medioambiente)

Conceptos

Ano 2013

Peón

Peón esp.

Oficial 2ª

Oficial 1ª

Xefe de quenda

Salario base

1.128,37 €

1.149,49 €

1.225,57 €

1.270,46 €

1.393,04 €

Compl. tox. pen. per.

338,51 €

344,84 €

367,68 €

381,14 €

418,20 €

Compl. transporte

94,38 €

94,38 €

94,38 €

94,38 €

94,38 €

Compl. nocturnidade

112,84 €

114,95 €

122,56 €

127,04 €

139,40 €

Compl. turnicidade

72,02 €

72,02 €

72,02 €

72,02 €

72,02 €

Compl. produtividade

180,07 €

180,07 €

180,07 €

180,07 €

180,07 €

Bruto mes

1.926,19 €

1.955,75 €

2.062,28 €

2.125,11 €

2.297,11 €

Pagas extras

3.385,11 €

3.448,47 €

3.676,71 €

3.811,38 €

4.179,12 €

Total anual

26.499,39 €

26.917,47 €

28.424,07 €

29.312,70 €

31.744,44 €

Prezo festivo: 74,01 €

IPC 2012: 2,9