Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33671

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2013 pola que se modifica a Resolución do 29 de xullo de 2013 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural.

Por Resolución do 29 de xullo de 2013 publicouse o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. Convocatoria 2013.

Por resolución do director xeral de Agader do 8 de agosto de 2013 concedéuselle unha axuda a Edeco Energías, S.L.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 9 de agosto de 2013 para incluír no anexo desta resolución o seguinte beneficiario:

Cód. expte.

Denominación

Solicitante

Orzamento aceptado

Puntuación

% axuda

Importe axuda

D13-31210-M035

Modernización de equipamentos informáticos existentes

Edeco Energías, S.L.

3.120,00

25,60

40,18

1.253,62

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural