Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33559

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (215/2011 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 215/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 332/2009 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Lucinda Maceira Sánchez.

Avogado: Henrique Landesa Martínez.

Recorridos: María Lidia Rey Fernández, María Victoria Diz Couto, María Pilar Serantes Gómez, Elisa Cibeira Fernández, María del Carmen Costa Dorado, Julia María Bouza Fernández, María Eugenia Rodríguez Couñago, Rosa García Núñez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 215/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Lucinda Maceira Sánchez contra a empresa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e outros, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a sentenza de data 25.2.2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos 332/2009, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e lle sirva de notificación a María Lidia Rey Fernández, María Victoria Diz Couto, María Pilar Serantes Gómez, Elisa Cibeira Fernández, María del Carmen Costa Dorado, Julia María Bouza Fernández, María Eugenia Rodríguez Couñago, Rosa García Núñez, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial