Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33557

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1463/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1463/2011 FF.

Xulgado de orixe/autos: demanda 553/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: José Ignacio Otero Sayans.

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado.

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, empresa Manuel Temes Peteira.

Avogado: letrado Seguridade Social, Balbino Irisarri Castro.

«M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1463/2011 desta sección, seguido por instancia de José Ignacio Otero Sayans contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, empresa Manuel Temes Peteira, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Ditaminamos.

Desestimando o recurso de suplicación articulado por José Ignacio Otero Sayans contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra de data 28 de decembro de 2010, en autos número 553/2010, sobre revisión de grao de incapacidade permanente, instados por aquel fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e a empresa Manuel Temes Peteira, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Manuel Temes Peteira, en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial