Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (441/2013 M).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 441/2013 por instancia de Leonor Rodríguez Suárez contra Panadería Ventura e Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou auto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Dispoño:

– Acumular aos presentes autos os que se tramitan no Xulgado do Social número 3, seguidos co número DSP 551/2013, e no Xulgado do Social número 5 reforzo, seguidos co número DSP 600/2013.

– Solicitar, achegando testemuño da presente resolución, ao xulgado citado, a remisión dos autos acumulados».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Panadería Ventura, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de xullo de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial