Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32323

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO (200/2011).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento ordinario 200/2011, seguido por instancia de Comunidad de Propietarios del Edificio Ponte do Valo fronte a Konstrunorest, S.L., Promociones Rajapro, S.L., Gumersindo Vázquez Gómez, Caser Cía. de Seguros y Reaseguros, José Ángel Vilariño Nogueira, ditouse sentenza cuxo ditame é do teor literal seguinte:

Ditame.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola representación procesual da Comunidad de Propietarios Edificio sito en Ponte do Valo, A Relva, 38, parroquia de Torneiros contra Promociones Rajapro, S.L., Gumersindo Vázquez Gómez, José Ángel Vilariño Nogueira, Caser Cía. Seguros y Reaseguros e Konstrunorest, S.L. En consecuencia, condeno a Gumersindo Vázquez Gómez, José Ángel Vilariño Nogueira e Konstrunorest, S.L. a pagar, en réxime de solidariedade, á comunidade demandante a cantidade de sesenta e un mil seiscentos corenta e seis euros con sete céntimos (61.646,07 €) máis os xuros legais previstos nos artigos 108 do Código civil e 576 da LAC, nos termos explicados no fundamento xurídico sexto.

Condeno a Gumersindo Vázquez Gómez e a José Ángel Vilariño Nogueira a pagar, en réxime de solidariedade, á comunidade demandante a cantidade de vinte e sete mil setecentos trinta e catro euros con vinte e tres céntimos (27.734,23 €) máis os xuros legais previstos nos artigos 108 do Código civil e 576 da LAC, nos termos explicados no fundamento xurídico sexto.

Condeno a José Ángel Vilariño Nogueira e Konstrunorest, S.L. a pagar en réxime de solidariedade á comunidade demandante a cantidade de cento oitenta e oito euros con oito céntimos (188,08 €), máis os xuros legais previstos nos artigos 108 do Código civil e 576 da LAC, nos termos explicados no fundamento xurídico sexto.

Condeno a Konstrunorest, S.L. a pagarlle á comunidade demandante a cantidade de cento corenta e un euros con seis céntimos (141,06 €) .

Condeno a Promociones Rajapro, S.L. a responder solidariamente do pagamento de todas as cantidades anteriores.

Igualmente condeno a Promociones Rajapro, S.L. a pagar á comunidade demandante a cantidade de cento oitenta e oito mil cincocentos sesenta e catro euros (188.564 €) máis os xuros legais previstos nos artigos 108 do Código civil e 576 da LAC, nos termos explicados no fundamento xurídico sexto.

Condeno a Caser Cía. Seguros y Reaseguros a pagar directa e solidariamente con Promociones Rajapro, S.L. á comunidade demandante a cantidade de cincuenta e cinco mil cento corenta e seis euros con sete céntimos (55.146,07 €) máis os xuros previstos no artigo 20 da Lei de contrato de seguro, nos termos explicados no fundamento xurídico sexto.

Cada parte aboaralle as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado e do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación de ter depositado a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso.
A desestimación ou inadmisión deste suporá a perda do depósito.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E encontrándose o demandado, Konstrunorest, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Porriño, 20 de xuño de 2013

O secretario xudicial